viernes, 16 de diciembre de 2011

O punto que se converteu nunha pinga, que se converteu nunha mancha, que se converteu nunha figura, que se converteu nun neno.

Mirou para abaixo e fixo algo pouco típico del, colleu a ínfima man de Shumel e apertouna con forza.
-Ti es o meu mellor amigo, Shumel -dixo-.O meu mellor amigo para toda a vida.
Pode que Shumel abrira a boca para responder, mais Bruno nunca o chegou a oír, porque xusto naquel momento, todos os que desfilaban e que encheran o cuarto, emitiron fortes berros ao ver como se fechaba a porta de adiante e desde fóra oíase un ruído metálico.
Bruno levantou unha cella, porque non comprendía o sentido de todo aquilo, mais supuxo que tiña que ver con que non entrara a chuvia e que a xente non collese catarros.
Entón o cuarto oscureceu e, a pesar de todo o caos que houbo despois, dalgunha maneira Bruno consiguiu seguir agarrado á man de Shumel, e nada no mundo o convencería para soltala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario